Persoa que fai unha peregrinación
Etimoloxía
Voz que provén da latina peregrīnus ‘peregrino’, ‘estranxeiro’ ou ‘viaxante’.
Exemplos *
“Non vas nin de turista nin de peregrina polo mundo, non procuras nin a icona para a foto nin a terra prometida.” (Marga do Val: Sermos Galiza, 30-5-2019)
“A camareira volveu deixar a Antía na única compañía do xornal e saíu a atender a dous peregrinos na terraza do bar.” (Sara Alonso Vila: Oito días sen Eva Cortés, 2021)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


