pereira

Árbore da familia das rosáceas, silvestre ou cultivada, de follas ovadas alternas e flores brancas en corimbo, que dá como froito a pera

Etimoloxía

Derivado sobre a palabra "pera" que procede do latín pira, plural de pirum máis o sufixo -eira.

Exemplos *

“(...) Gracias ó seu entusiasmo e máis a unha pereira, xa moi entrada en anos pero non por eso menos florida, que tivera a excelente idea de protexerse do norte medrando arrimada á muralla.” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras/O fuxidor, 1994)

“Era Perusiño que estaba catándolle os piollos a seu avó debaixo dunha pereira e Perusiño mirou para arriba e na pereira había tres peras.” (AAVV: A carón do lume, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.