perfume

Substancia elaborada para dar bo olor

Etimoloxía

A voz “perfume” é vocábulo derivado a partir do verbo “perfumar” que, á súa vez, era, na orixe, unha formación destes termos latinos per-‘a través de’ e fumare ‘producir fume’.

Exemplos *

“−Douche a razón −interrompeuna Judith, erguéndose e achegándose a ela, logrando co xesto que o seu carísimo perfume pousase sobre Victoria.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2021)

“A Escritora déixase axudar por Valentina naquilo que esta cre que ten que axudar e, sen mediar máis palabras, dálle a Valentina roupa de marca, zapatos e perfumes que lle traen a ela.” (Inma López Silva: Aqueles días en que eramos malas, 2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.