Documento escrito nesta pel / Pel de animal curtida e estirada, que se empregaba antigamente para escribir nela, forrar libros etc.
Etimoloxía
Palabra que vén do latín tardío pergamīnum, pero que nos leva ao bizantino pergamēnḗ, 'de Pérgamo', cidade onde se preparaban as peles para escribir.
Exemplos *
“Ouh, estou aquí metido nuns magníficos pergameos escritos en romance no século catorce, cousas do condado de Tállara. É o meu xeito de orar. Esta é a miña familia, Encarna –dixo apoiando a man na morea de documentos.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)
“Deitárase despois na cama, sobre a colcha de liño, as fiestras abertas, as mans ocupadas cun manual de agrimensura, libros sobre dereitos de herdanzas e os vellos pergameos cosidos onde os escribáns deixaran das súas letras as descricións de tenzas que non lle pertencerían nunca.” (David Pérez Iglesias: Estación Término, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.