pericoto

Parte superior dunha árbore, formada polo conxunto das pólas.

Etimoloxía

Considérase que se creou a partir de coto, forma que non ten unha procedencia clara.

Exemplos *

“O sol proxectaba a quilla do Chemin Creux como unha xigantesca agulla ou un pericoto dun ciprés ...” (Manuel Rivas: Os libros arden mal)

“A un lado e outro do río o horizonte alargábase sobre amplas herbeiras, ata a liña das selvas que erguían os pericotos das súas árbores xigantes ...” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.