perihelio

Punto da órbita dun planeta ou de calquera corpo que xira arredor do Sol en que está máis próximo a este

Etimoloxía

Vocábulo culto que se forma sobre os seguintes formantes gregos peri- ‘ao redor de’ e o substantivo hḗlios 'o Sol'.

Exemplos *

“A cola iónica tenue e estruturada do cometa, inchada polo vento solar, flúe desde o Sol, medrando mentres este cometa Lovejoy se dirixe cara o perihelio, o seu achegamento máis próximo ao Sol, o 30 de xaneiro.” (Dosi Veiga: GCiencia. O portal da ciencia galega, 1-2015)

“Durante o Eemien a inclinación do eixe da Terra e a excentricidade da súa órbita era maior que a actual e o perihelio producíase, no hemisferio norte, durante o verán en lugar de no inverno como ocorre no actual interglaciar.” (Pablo Ramil Rego, Luis Gómez-Orellana e Castor Muñoz-Sobrino: Historia da meteoroloxía e da climatoloxía de Galicia, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.