Profesión, estudos ou actividade de periodista / Actividade informativa que se leva a cabo a través dos medios de comunicación
Etimoloxía
Voz que se forma sobre “periódico” que nos leva ao latín periodĭcus, remite ao grego periodikós.
Exemplos *
“Alfredo Vicenti non é o único que falta nas historias do periodismo contemporáneo, pero o 150 aniversario do nacemento ofrécenos a ocasión de colmar esa importante lagoa.” (José Antonio Durán en Xornalistas con opinión – 20 biografías, 2007)
“O século XIX marca decisivamente a evolución da prensa no noso país. (...) A partir da segunda metade do século vai haber un antes e un de pois no periodismo, cando o xornal de opinión deixa paso ó de información.” (Ana María Rodríguez Rivas: O xornalismo en Galicia. Percorrido histórico pola prensa de Lugo, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


