Persoa que ten como profesión escribir para un periódico ou que participa na redacción ou difusión da información nun medio de comunicación
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre “período” que vén do latín periodu ‘circuíto’.
Exemplos *
“Tras uns anos traballando no convento para manter o seu fillo ve impotente como é entregado en adopción. 50 anos despois decide contar esa historia á súa filla que contacta cun periodista da BBC para que lle axude a atopalo.” (Andrés Castro García: Sermos Galiza, 28-8-2014)
“Maldonado recolle a entrevista que lle fixo a periodista chilena Claudia Urzúa ó xeneral retirado Alejandro Medina Lois e que se publicou no diario electrónico El Mostrador.” (F.P.: O Correo Galego, 7-11-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.