periplo

Viaxe longa por lugares descoñecidos

Etimoloxía

Termo que remite ao grego períploos ‘circunnavegación’, pero que o recollemos do equivalente latino periplus.

Exemplos *

“O periplo levarao a percorrer Irlanda e os Estados Unidos nunha sorte de road-movie xeracional entre unha muller relixiosa e un escéptico.” (Andrés Castro García: Sermos Galiza, 28-8-2014)

“...fixéronme partícipe do acontecemento que tería lugar nos seguintes días, que non era outro que partir nun dos galeóns dos Soliño rumbo a varias localidades da costa portuguesa, para finalizar o periplo na gran cidade do Porto.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.