perito, -a

Persoa que ten un título de enxeñeiro técnico de grao medio /Persoa que ten experiencia ou habilidade en certos asuntos

Etimoloxía

Termo que procede do latino peritus ‘douto’, ‘experimentado’ ou ‘práctico’.

Exemplos *

“Benigno Teijeiro xa publicara en Lugo, antes da expatriación (...). A súa profesión de perito agrimensor permitiulle percorrer Uruguai de punta a cabo. Levado polas afeccións literarias, deixou a profesión e dedicouse integramente ó xornalismo.” (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego, 14-10-2001)

“A sesión rematara coa presentación dos informes psicolóxicos de Ana. A avogada estaba sumamente satisfeita co dela. –Unha pode atopar peritos que defendan calquera cousa.” (María Reimóndez: A dúbida, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.