perixeo

Punto máis próximo ao centro da Terra na órbita da Lúa ou de calquera outro corpo que xira arredor daquela

Etimoloxía

Vocábulo que procede do grego perígeion 'que rodea a terra'.

Exemplos *

“Cando a Lúa está máis próxima da Terra, no perixeo, estas forzas increméntanse ata un 20% con respecto ao seu valor medio.” (Gabriel Rosón Porto e Ramiro A. Varela: Manual de oceanografía física descritiva, 2002)

“O punto da súa traxectoria máis preto de nós, o perixeo, dista uns 356.410 km, mentres que o máis afastado, o apoxeo, uns 406.740 km.” (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.