permanente

Ondulación artificial do cabelo que xeralmente dura moito tempo.

Etimoloxía

Vén do latín permanens, –entis, derivado do verbo permanere 'quedar', 'soportar'.

Exemplos *

"…o seu sorriso (xa imposto), o seu cabelo castaño ondeado (trocáralle o peiteado desfacendo a permanente, que non lle gustaba), o fino pescozo branco, a donda curva dos ombreiros…" (Antón Risco: Tánata)

"A permanente antiga, a cor amarelada dos cabelos, as pálpebras pintadas en verde e os beizos dun carmín escuro, dábanlle o aspecto dunha artista de cabaré alemán." (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.