pernil

Parte máis grosa e magra da perna dalgúns animais, coma o porco, a vaca etc.

Etimoloxía

Vocábulo derivado sobre “perna” que vén do latín perna(m) ‘coxa’.

Exemplos *

“A carne do raxo ou do pernil ten na metade da súa graxa ácido oleico, que axuda a aumentar o colesterol HDL, o bo. Ademais proteínas abondo, aminoácidos esenciais e vitaminas B.” (Xosé M. Couselo: O Correo Galego, 16-2-1996)

“Así e todo, o susto tirárame a fame e apenas probei unha rebanda de pernil frío cun pouco pan centeo á hora do xantar, e decidín ficar na seguridade do cuarto todo aquel día para estudar con tranquilidade os planos.” (Tomás González Ahola: Da fría e distante estrela polar, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.