pero

Variedade de mazá alongada e de sabor agre / Pera silvestre de pequeno tamaño

Etimoloxía

Vocábulo que procede da voz latina pirum ‘pera’.

Exemplos *

“Pois acórdame o odor dunha begonia, / na laranxa, nos peros, nas mazás, / no pexego e no líquido azucrado / degoiro o teu sabor de macedonia.” (Miro Villar: Equinoccio de primavera, 1998)

“A nós os pícaros gustábanos moito mercar peros do fol que baleirábamos esmagándoos cos dedos e inchando despois a pelica enteira e baleira.” (Lois Tobío: As décadas de T.L., 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.