perruca

Cabeleira postiza

Etimoloxía

Voz que nos remite ao francés perruque de significado semellante.

Exemplos *

“O Alto, sen o pensar dúas veces; asenta a perruca, viste a bata, e volto unha madama entroideira, vai onda o sombreiro de copa e o acordeón e axeónllase cabo deles.” (Roberto Vidal Bolaño: A ópera de a patacón, 1998) [acoutación]

“Cordovani cambia de vestiario catorce veces, tres de perruca e nove de maquillaxe. Os cambios de roupa realízanse en décimas de segundo.” (E.C.: O Correo Galego, 19-2-1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.