persiana

Panel móbil formado por uns listóns de madeira ou plástico, que se coloca nunha ventá para deixar pasar o aire protexendo do sol e da chuvia

Etimoloxía

Préstamo do francés persienne, substantivación da forma feminina do adxectivo persien que significaba ‘de Persia’.

Exemplos *

“-Xa chega. A cámara acercábase amodiño, entraba no cuarto sombreado. Tras as persianas un presentía o morno verán galego.” (Blanca Riestra: Noire Compostela, 2016)

“O sol do mediodía vencía as persianas e un cheiro agre a comida asolagaba o edificio. Sentado no rebumbio do catre , os ollos marchando pola falta de sono , lía e relía unha nota que a señora Cask deixara no cume dunha cesta de chulas .” (Xabier López López: Biff, bang, pow. Novela case negra, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.