Falta que comete un xogador de baloncesto ao tocar ou empuxar a outro do equipo contrario.
Etimoloxía
Procede do latín tardío personalis, -e, derivado de persona, -ae, primeiramente 'máscara de teatro' e logo 'persoa'.
Exemplos *
"… no marco perfecto e ante o rival adecuado para erixirse no incontestable dominador da competición no medio dun mar de faltas persoais que mediatizaron o cuarto choque …" (O Correo Galego 19-02-1996)
"… sumou dezanove puntos, catro asistencias, cinco recuperacións e dez faltas persoais …" (O Correo Galego 21-02-1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.