pesadelo

Soño angustioso

Etimoloxía

Palabra derivada que toma como base “pesado” que é o participio pasado do verbo “pesar” que nos leva ao análogo latino pensare.

Exemplos *

“Jon pechou os ollos e, aquela noite, bailou entre soños e pesadelos fuxindo por un bosque, sen saber de quen era a sombra que o perseguía.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)

“Pasei a noite entre pesadelos, cun ollo pecho e outro medio aberto, nunha sobresaltada vixilia, adurmiñando, e coa quentura gratificante dos acubillos e a seguridade de estar deitado nun vapor que navegaba cara ó sur.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.