Expresión de dor ou pesar polo falecemento de alguén.
Etimoloxía
Este substantivo procede da expresión formada pola forma 'pesa' do verbo pesar e o pronome 'me'.
Exemplos *
"Ante todo, señora, reitérolle o pésame pola morte do marido _falou o portugués." (Pepe Carballude: ¡Maldito D.N.I.!)
"Nunca pensara en representar aquel papel, algunhas veces fora eu quen pasara a dar o pésame e sempre entendera que o día de estar eu alí de parente había ser remoto …" (Suso de Toro: Calzados Lola)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


