Persoa que pesca por afección no mar ou no río
Etimoloxía
Palabra que vén do latín piscator de significado similar ao actual.
Exemplos *
“Nunha ocasión, un pescador de Cefalú, ó recolle-las redes notounas pesadas, pesadas, e quen sabe o que pensaría que ía atopar nelas.” (Gianni Rodari: “O pescador de Cefalú”, Contos ó teléfono[trad. Xela Arias], 1986)
“As mulleres dos pescadores que posuían algunha embarcación, gamela ou dorna polbeira, vendían na praza as capturas do home: polbo, luras, xarda, arenques, o que o mar lles proporcionaba cada xeira.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.