pescantín, -ina

Persoa que se dedica á pesca por afección

Etimoloxía

Palabra derivada que se forma sobre “pescar” que procede do latín vulgar *piscare que remite ao clásico piscoraris ‘pescar’.

Exemplos *

“Unha vez que o pescantín considerou suficiente o número de peixes, colleu a cesta e volveu para a casa.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

“Para engadar co gueldo, unha vez apañado e posto nun galleiro cunha verza por encima para darlle frescura, o pescantín collerá a cana e o carabel e partirá cara ó penedo.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.