pesco, -a

Persoa que vive da pesca

Etimoloxía

Voz vinculada co verbo “pesca” que vén do latín vulgar *piscare,.que remite a piscare de significado semellante.

Exemplos *

“O pai de Queizán era de Malpica, fillo dun pesco que a penas chegou a coñecer e dunha peixeira, unha desas pescantinas malpicás que levaban os produtos do mar alá moito a dentro, á montaña.” (Manoel Riveiro Loureiro: O Patrón, 1990)

“Planta de orixe americana que orla o río na zona onde xa se nota a influencia da maré. Dáse nunha banda situada entre o carreiro feito polo andar dos pescos e a auga.” (Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández, As bioinvasións na Galiza, 2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.