pescuda

Acción e efecto de pescudar

Etimoloxía

Voz que nos chega desde “pescudar” que vén do latín perscrutari ‘investigar’.

Exemplos *

“Pertencentes estes escritores a xeracións diferentes, pero todos encarreirados nunha liña de continuidade cara o mesmo obxectivo: A revitalización dos valores autóctonos e o carácter universalista que inspiraron as súas creacións ou os seus traballos de pescuda e de divulgación.” (Francisco Fernández del Riego: Desde a miña fiestra, 2002)

“Pero Antón empregaba toda a súa enerxía para rastrexar a orixe do medo que o atenazaba, e nesa pescuda, o coñecemento non parecía liberalo, senón que o ensombrecía máis e multiplicaba as reixas da gaiola en que estaba atrapado.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.