Coser unha tea con pespuntos
Etimoloxía
Vocábulo que se orixina a partir de *pospuntar ‘dar puntos cara a atrás’.
Exemplos *
“Dona Benita, coa mirada, ía percorrendo as filas, o pespuntar –con seguridade, rapazas, con delicadeza e seguridade–, os dedos no fío. Foron, coido, nove, pode que dez días.” (Antonio Piñeiro: As fiandeiras, 2011)
“Case sempre chegaba de noite á casa. A súa nai axudábao a tirar o disfrace e facíalle probar o novo que viña de pespuntar. Non había ninguén na vila que cosese tanto nin tan ben coma aquela muller.” (Antón Rivero Coello: A ferida do vento, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


