pesqueira

Dique ou presa construídos no curso dun río, desde onde se pesca ou coa que se desvía a auga para poder pescar

Etimoloxía

Palabra derivada que se relaciona coa latina piscariu que significaba ‘peixeiro’, ‘de peixes’.

Exemplos *

“Baixou pola rúa do Pracer e cruzou a praza do arco, cara ao río. (...) E por último detívose na pesqueira, no mesmo lugar que ocupaba agora o garda civil, e cravou a vista na corrente como se quixese descifrar o misterio das labazas en movemento continuo.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra / Mal de amores, 2010)

“A Asociación de Pescadores do Miño agarda unha regularización da pesca no río que (...) debería levarse a cabo limitando as capturas na desembocadura, o que permitiría que houbese máis especies no treito medio e tamén nas pesqueiras situadas río arriba.” (Alberte Rivero: A Nosa Terra / 03-12-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.