Cada un dos pelos que nacen nos bordos das pálpebras
Etimoloxía
Palabra da que os estudosos din que a súa orixe é incerta.
Exemplos *
“Alberte mirouna e fixouse nas longas pestanas rizadas cubertas de rímel. A melena castaña tapaba parte da súa cara e caía lisa sobre os ombreiros.” (Celia Díaz Núñez: Unha verdade amarga, 2017)
“O estrondo do trono aínda resoaba no oco dos seus ouvidos e no interior da súa cabeza. Continuaba cos puños pechados e as pestanas pegadas, apertando as pálpebras.” (María Canosa: Cando cae a luz, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.