petada

Camiño moi pendente.

Etimoloxía

Deriva de petar, que se considera unha voz creada por onomatopea.

Exemplos *

“Antes de se encamiñar pola petada que vai da ribeira á montaña, púxose a tomar o taco co gallo de repoñer forzas …” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o vento)

“… baixaban por un camiño deica o río e logo rubir deica Boazo, aquelas petadas, baixar as petadas esas e logo rubir as petadas para riba …” (Emilio Araúxo: Cinsa do vento)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.