petisco

Porción pequena de algo que se toma para probar.

Etimoloxía

Descoñécese a súa orixe.

Exemplos *

"… parouna para engadir fariña e azucre, en grandes cantidades, e tamén algún petisco doutros ingredientes." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)

"… imos supoñer que os da organización do festival son moi xenerosos e convídanvos a unha suculenta cea (tortilla, empanada, e petiscos de chourizo, o menú do músico)." (Pedro Feijoo Barreiro: ¡Viva o fu remol! Ópera en cinco actos sobre a música ó pé da rúa)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.