petróglifo

Gravado da época prehistórica feito sobre pedras que estaban ao aire libre

Etimoloxía

Termo formado polo prefixo de orixe grega petr- ‘pedra’ e a terminación grega tamén –glifo ‘gravado’.

Exemplos *

“Recortar as sebes, coas súas formas intricadas que lembraban os labirintos prehistóricos, tallados nas rochas da comarca, petróglifos mirando ao mar, axudábao a relaxarse e a pensar de xeito sistemático.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)

“Entre as espectaculares formacións creadas pola natureza non había indicios que alertasen da proximidade da cripta do dragón. Foi a muller quen descubriu o petróglifo na parede máis afastada.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.