Planta de xardín da familia das solanáceas, con follas alternas ovais e flores grandes e recendentes, coa corola en forma de embude e de distintas cores
Etimoloxía
Vocábulo que vén do latín científico Petunia, que deriva do francés petun 'planta do tabaco', e este do tupí pe'tïma.
Exemplos *
“Unha raxada de perfumes invítao a levantar a vista cara ao corredor que se proxecta sobre o vieiro, e revista unha formación de petunias con traza de bolboretas (nódoas moradas inscritas en orla branca) (...); de xeranios esfiañados e poeirentos.” (Bieito Iglesias: Contos da terra da tarde / O mundo do motor ou viceversa. Affretando, 2011)
“A derradeira vez que a vira no xardín estaba coidando das glicinas e das petunias e confesoume que se mantiña en pé grazas ao kiwi diario que tomaba.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / A señora do chalé, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.