pexego

Froito arredondado que ten a pel aveludada, de cor amarela tirando a vermella ou verde abrancazada, a carne doce e unha carabuña oval, dura e engurrada.

Etimoloxía

Procede do latín persicum ‘foita ou mazá de Persia’.

Exemplos *

"Un ano vén a froita de óso, ameixas e pexegos, e as maceiras están medias espidas, e o outro é o ano das mazás, as pólas caen ata o chan dobradas co peso do froito, como se dobran as pólas das árbores cando aforcan un home delas." (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas)

"Frei Anselmo explicoulle velozmente os pasos que tiña que seguir para facer ben o traballo, e os lugares onde acharía os ingredientes, o cesto de pexegos, o alcol de queimar por se decidía utilizar tamén a retorta, e teimou nas rigorosas instruccións que debería gardar para coidar o lume." (Alfonso Álvarez Cáccamo: O espirito de Broustenac)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.