Árbore froiteira da familia das rosáceas, de follas lanceoladas e dentadas e flores de cor rosada, que ten como froito o pexego
Etimoloxía
Creado sobre “pexego” que bebe do latín persicum “melocotoeiro” máis o sufixo –eiro que forma nome de árbores.
Exemplos *
“Coido que é difícil imaxinar un galiñeiro da terra sen un pexegueiro, que son árbores adaptadas ao noso clima, sufridoras das xeadas, ben chantadas, cos pés duros que non os furan nin os peteiros das pitas” (Fausto Galdo: Abecedario das matenzas, 2012)
“Algo humillado seguín co meu traballo desde a atalaia, pero a calma era xa absoluta, pasara o risco: as nubes altas, o ceo azul, pombas no tellado da estación e unha raxada suave de vento facendo chascar as follas do pexegueiro.” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome, 1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.