Acción e efecto de picar ou picarse.
Etimoloxía
Procede da substantivación da forma feminina do participio pasado do verbo picar.
Exemplos *
"Unha picada, pola que pasei un mes na clínica, devolveume á realidade." (Adolfo Domínguez: Juan Griego)
"Un tiro apenas se sente, é como unha picada de insecto, como unha abelliña que se bota contra un, un impacto entre os ollos e acabou todo." (Marilar Alexandre: Lobos nas illas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


