picafollas

Paxaro da familia dos sílvidos, coa parte superior do corpo verdosa, a gorxa e os laterais do peito amarelos, o ventre abrancazado e as patas marróns escuras

Etimoloxía

Palabra composta polos verbo “picar” de orixe onomatopeico e o substantivo “follas” que chega desde o latín folia con igual significado.

Exemplos *

“Os lagartos refuxiados das inclemencias do tempo ocuparían os furados baixo as pedras e os carrizos e picafollas terían o seu niño baixo as telleiras ciscadas polo temporal.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

“Fan un niño con mofo onde poñen de 6 a 7 ovos que choca a femia durante 13 días; os pelachos voan ós 13. Chámanlle tamén Folosiña, Furafollas, Picaflores, Virafollas. Hai outras especies semellantes, coma o Picafollas cantor ( Phyllóscopus tróchilus ) de patas claras.” (Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira: Guía das aves de Galicia, 1980)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.