Persoa natural ou habitante de Santiago de Compostela
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “pichel” (xerra de estaño para o viño) que vén do occitano pichier.
Exemplos *
“Este espía deixou aquí, ao remate da segunda conflagración mundial, aparatos de radio cos que foi dotada unha emisora compostelá para que, nas décadas seguintes, os picheleiros escoitasen cancións para despois dunha guerra.” (Bieito Iglesias: Tempo Novo, nº31, 11-2005)
“Recipiente a modo de xerra con tapa, polo xeral de estaño, que serve para servir o viño. Moi típico de Santiago, constituíu no século XV unha florecente industria e había afamados picheleiros, ata o punto de que os veciños de Compostela levan esa alcuña, picheleiros.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantezas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


