picho

Cano ou billa por onde verte a auga unha fonte

Etimoloxía

De orixe incerta, podería vir dunha palabra do baixo latín bicariu.

Exemplos *

“As fontes gozan da maior importancia e transcendencia na vida cotiá dos lugares no que xorden, como santuarios da auga, cos seus pichos, píos, lavadoiros ou bebedoiros para os animais.” (Xosé Ramón López Boullón: Galicia Hoxe, 23-2-2005)

“A vila de Celanova, a maiores de por belida, a maiores de polo mosteiro, a maiores de por patria de Curros distinguiuse pola fonte da súa praza principal, unha xeitosa fonte de catro canos ou pichos que botaban auga cara ós catro pontos cardinais.” (Manuel Casado Nieto: A boda do Reimundo, 1980)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.