Parte máis elevada ou aguda dunha cousa
Etimoloxía
Voz que procede do céltico beccus de significado semellante.
Exemplos *
“Os efectos da deforestación sobre a fauna e flora son fulminantes. Trala recente deforestación, no Perú, dun só pico da cordilleira, estímase que desapareceron para sempre máis de 90 especies vexetais autóctonas.” (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica, 1990)
“Só un par de raiolas intrépidas ousaban rachar o manto de nubes de inverno que cubría o ceo. Porén, contemplando como os picos das montañas retiñan a furia dunha tormenta afastada non resultaba difícil vaticinar que o éxito do sol había ser efémero.” (David Conde: Hai santos que non queren ir ao ceo, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.