Monte de pouca altura e de forma cónica / Parte máis elevada e aguda dunha montaña
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre a voz “pico” que vén do latín beccus que remite ao celta *bekkos ‘gancho’.
Exemplos *
“A súa fortaleza atopábase nun dos outeiros que coutaban a banda sur do val. Dende el podía albiscar os picotos da banda norte e todas as terras que chegaban hasta o mar.” (Xoán Bernández Vilar: Un home de Vilameán. Anatomía dunha revolución, 1976)
“Despois de saudarse, os dous homes emprenderon a escalada ao picoto do monte, e dende alí baixaron a Vista Alegre, para deseguido atopárense ao pé do lavadoiro de San.” (Gonzalo Trasbach: La Voz de Galicia, 2-10-2022)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.