pictórico, -a

Relativo ou pertencente á arte da pintura

Etimoloxía

A voz é unha formación sobre a palabra latina pictor “pintor” á que se lle engade o sufixo -ico que forma adxectivo.

Exemplos *

“O medio pictórico, ben dende a constante reflexión sobre a pintura e os seus límites de Fernández Fariña, ou dende a creación de estruturas xeométricas e espazos abstractos de Medal, serán os contextos creativos destas dúas mulleres artistas que empezan a súa traxectoria no comezo do século XXI.” (Rosario Sarmiento: Luzes, 11-2016)

“Manuel Posse coñeceu e tratou a Manfred e sentiuse fascinado pola singularidade da súa obra. "Era unha persoa moi instruída e culta; ademais da pedra, tiña obra pictórica e fotográfica".” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 28-9-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.