pilastra

Columna cuadrangular.

Etimoloxía

Vén do italiano pilastro, que remite ao latín pila –ae ‘piar’.

Exemplos *

“O irlandés, amparado pola penumbra que ofrecía unha pilastra e arrimado contra a parede, deixouse ver subitamente como se dun trono se tratase. Ela acudiu cara a el e axeonllouse nun banco aos pés daquela pilastra.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)

“A entrada da casa, señorial, levaba un frontón soportado por leves pilastras.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.