Persoa que pilota unha nave ou un vehículo de carreiras.
Etimoloxía
Crese que procede do italiano pilota ou piloto, que remite ao grego pedon ‘leme’.
Exemplos *
“A imaxe de prestixio que ten un piloto de avión de pasaxeiros ten detrás horas de travesías aéreas, unha alta responsabilidade e unha formación que non está ao alcance de todos os petos.” (Eva Estévez: A Nosa Terra 15-01-2009)
“O señor Sutherland, o home de Lena, o que foi piloto de aviación, só vive para as fucsias.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.