Que ten garbo, elegancia e un aspecto saudable.
Etimoloxía
Crese que se puido tomar do francés pimpant 'de aspecto fresco e elegante'.
Exemplos *
"… hai que ver que fresca e pimpante vés, ai se aínda eu fose mozo …" (Xosé Manuel Martínez Oca: Beiramar)
"O doutor Domingo García-Sabell, cun lustro máis de soleira vital que Caro Baroja, pimpante coma un rapaz que comeza a súa carreira, é outro monumento sen fronteiras ó humanismo …" (Luís Blanco Vila: O Correo Galego 29-02-1996)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.