Lugar onde se gardan, conservan e exhiben pinturas
Etimoloxía
Termo que procede do latín pinacothēca, e este lévanos ao grego pinakothḗkē ‘depósito de cadros’.
Exemplos *
“Non me explicou como chegara a mostrar os seus cadros, realizados coa técnica do café, na pinacoteca máis importante do mundo, pero contoume outra historia ben curiosa:
–Un día coñecín, na casa da poeta Dulce María Loynaz, a Juan de Loza, que era presidente da Fundación Casa Natal de García Lorca, que me ofreceu a posibilidade de viaxar a Granada para expoñer a miña obra.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)
“Isto parece confirmado pola enorme cantidade de pinturas da época dos Austrias que se garda en pinacotecas, nas que sobresae a diferencia existente entre as randas do século XV e os encaixes apreciados nos cadros do XVI.” (Mario Gallego Rei: Os encaixes, 1989)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.