Baile que se celebra no primeiro domingo de Coresma
Etimoloxía
Substantivo que bebe do italiano pignatta ‘ola’.
Exemplos *
“A idea da que agromou a hoxe ben coñecida festa da filloa, partiu de Manuel Fuentes, quen nunha reunión parroquial propuxo facer popular o que xa era costume na zona, face-las filloas o domingo de piñata, que se podían degustar non só nas casas particulares, senón tamén nos bares.” (Fina Casalderrey e Mariano García: Festas gastronómicas de Galicia. Festas, receitas, calendario e puntos de interese turístico, 1994)
“O domingo despois do de Entroido, soía haber antano os bailes de Piñata, caracterizados pola piñata, pendurada do teito do salón, e que se abría turrando dunha fita, e ó abrir, deixaba caír dulces e regalos.” (Vicente Risco: Etnografía: Cultura espiritual (Historia de Galiza), 1962)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.