Remate triangular na parte superior da parede dunha construción, comprendido entre as dúas augas do tellado.
Etimoloxía
Termo de orixe descoñecida.
Exemplos *
"Normalmente estas casas non tiñan a típica disposición do tellado a dúas augas con pinche na fronte, senón que a parte superior da fachada era horizontal." (Francisco Calo Lourido: Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes)
"A luz bate en todo o pinche das casas, non hai sombra." (Anxo Angueira: Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.