pinchorra

Anfibio da familia dos salamándridos coa pel lisa e brillante, de cor negra con manchas amarelas

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra, “pincha” que é un xeito de designar as manchas na pel deste anfibio.

Exemplos *

“Ben sei que sería preferíbel dedicar este espazo a seres máis fermosos. Sen embargo, todos somos importantes _se non que llo pregunten á interesada_ e é obrigado reparar a inxustiza que durante séculos se cometeu e se comete contra a calumniada e repudiada pinchorra, aínda que se poña en cuestión o bo gusto.” (Xosé Salvadores: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 3-2010)

“Colleu da man de María a beberaxe que esta lle estaba a ofrecer. Bebeuno disque dun grolo e quedou entón un tempo inmóbil e calado, pero pasados uns minutos o que miraba aínda tivo máis motivo de abraio, xa que tódalas partes mordidas metamorfosearon converténdose en cabezas de pinchorra.” (Isidro Novo: Airadas de palabras, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.