piñeiro

Árbore da familia das pináceas, de folla perenne en forma de agulla, que ten como froito a piña e como semente o piñón, e do cal existen varias especies.

Etimoloxía

Pode que proveña dunha forma pinarius do baixo latín, xa que o nome da árbore no latín clásico era pinus, -i.

Exemplos *

"Mentres atravesabamos unha paisaxe de bidueiros, piñeiros e faias, o meu compañeiro de viaxe explicoume que naquela idílica fraga se gardaba o recordo de centos de soldados abatidos durante a guerra." (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana)

"Mamá ignorábao, ollaba os montes de piñeiros, o millo novo e os prados verdes pola xanela do autobús." (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.