pingo

Manteiga de porco

Etimoloxía

Voz derivada do verbo “pingar” que, á súa vez, remite ao latín vulgar *pendicare ‘pendurar’.

Exemplos *

“Os meus devanceiros non eran xinetes nin tiñan espadas. Vivían en rompidos, entre fragas peches e valgadas de carqueixas. Curaban o coxo, mazaban leite, puñan a carne de sal e gardaban unto e cazolos de pingo.” (Carmen Pereiras: pequenos infinitos, 2008)

“Cazolas e cazolos. Son pezas case esféricas, diferenciándose en que as cazolas levan asas e os cazolos non. As primeiras empregábanse para cociñar e os segundos para garda-lo pingo.” (Miguel Vila Pernas: Olería Tradicional en Galicia, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.