Fío de auga que mana dunha rocha
Etimoloxía
Vocábulo que se crea desde estoutra “pingar”, que vén do latín vulgar *pendicare ‘estar pendurado’.
Exemplos *
“No silencio escoitase a pinguela da fonte que non seca, vai pobre de auga, mais vai.” (Xosé Vázquez Pintor: Tal era vivir (os vellos oficios III), 2004)
“Eu soñaba con deitarme baixo dunha pinguela cantareira entre seixos alfombrados de brións, coa boca aberta e a auga escoando polo bico, refrescándome no peito.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.