piñón

pinhonSemente do piñeiro, de casca dura e améndoa branca.

Etimoloxía

Deriva de piña, do latín pinea, -ae.

Exemplos *

“Foi daquela cando se afeccionou ao televisor, aos flocos de millo e aos caramelos de piñóns e chocolate, deses tan caros que venden no supermercado do barrio.” (Uxía Casal: Vidas exemplares)

“Esmagar no morteiro os piñóns co sal e o allo, ata facer unha pasta fina, que se disolve con auga e vértese por riba do congro.” (Xoán Carlos Rodríguez Sánchez e Xesús León Guillén: Pesca submarina en Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.